Arrinca o programa cultural da Semana Santa de Viveiro, pregoada polo economista González-Páramo

A Xunta de Cofradías organiza un ciclo de concertos e conferencias como preámbulo á celebración relixiosa

Imaxe da Semana Santa viveirense. TURISMO VIVEIRO

Unha conferencia teolóxica inaugura este mércores (20.30 horas, salón de actos do consistorio) o programa cultural organizado pola Xunta de Cofradías de Viveiro como preámbulo á Semana Santa,  do 14 ao 21 de abril.

O colectivo impulsa unha variada axenda de actos para potenciar a celebración relixiosa, declarada de interese turístico internacional. Ao longo do mes de marzo, as igrexas da vila acollerán concertos do coro e da banda de música do conservatorio viveirense, da banda municipal e do grupo vocal Sondenós.

O xoves 4 de abril, proxectarase nos Cines Viveiro a película ‘Pablo, el apóstol de Cristo‘, coa que se recadarán fondos para Cáritas Interparroquial de Viveiro. O sábado 6, celebrarase o certame de bandas no que participarán cinco agrupacións, de Viveiro, Ferrol e Zamora.

CHARLA DE JORGE MIRA

O catedrático da Facultade de Física da USC, Jorge Mira, clausurará o ciclo cultural o día 9 cunha conferencia sobre o astrónomo e sacerdote belga George Lemaître, considerado pai da teoría do Big Bang.

PREGOEIRO

A Semana Santa comezará oficialmente coa lectura do pregón, a cargo do economista José Manuel Gónzález-Páramo, conselleiro do BBVA que conta cunha ampla traxectoria en institucións como o Banco Central Europeo ou o Banco de España. O madrileño ten unha residencia de vacacións no Vicedo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here