InicioCulturaArte efímero con máis dun século de tradición en Castropol

Arte efímero con máis dun século de tradición en Castropol

As alfombras florais do Corpus, de Interés Turístico Regional, atraen a centos de visitantes

Publicada o

- Advertisement -

As rúas de Castropol amenceron cubertas dun colorido manto vexetal. Fiel á tradición, a veciñanza cubriu as rúas de coidadas e vistosas alfombras vexetais para celebrar as festas do Corpus Christi. As composicións recibían os últimos retoques á primeira hora da mañá, mentras chegaban os primeiros visitantes e a vila acababa de despertar para vivir un día grande. “Chispeaba” pero non parecía que a chuvia fose estragar a xornada.

As alfombras, como tal, empezaron a facerse a finais dos oitenta pero a tradición ten máis dun século. O que se facía era cubrir as rúas con espadañas e fiúncho, e por riba púñanse algunhas flores. Hai fotos de comezos de siglo –dos anos 10 ou 20– nas que se ven as rúas adornadas ao paso da procesión”, comenta Ovidio Vila, alfombrista e afeccionado á fotografía. “A alfombra da rúa Penzol Lavandera conserva parte desa tradición”, indica.

As alfombras florais teñen unha tradición, como mínimo, centenaria. VANESA G. LOURIDO

TEMAS

Nas demais os deseños son variados, abundan os motivos xeométricos pero tamén se reproducen estampas relixiosas ou personaxes de series infantís, ao gusto dos máis pequenos xa que este é, tradicionalmente, día de comunións. “Este ano foron hai dúas semanas, pero os nenos e as nenas vólvense vestir para este día”. As rúas estreitas e sinuosas da parte alta de Castropol fan que as alfombras luzan aínda máis.

MESES DE TRABALLO

O traballo dos alfombristas comezou hai meses, co deseño dos bocetos -“procuramos que os de todas as rúas sexan diferentes, e que non se repitan con respecto a outros anos”, explica-. Hai un mes comezaron a xuntar o material vexetal. O Concello suminístralles o ciprés que dá o verde aos tapices. Hai uns quince días recolleron os pampillos –“consérvanse moi ben na neveira durante quince ou vinte días”-, e na última semana, o resto das flores, máis delicadas.

O venres, Ovidio respondía o teléfono desde La Caridad, onde fora buscar algunhas rosas brancas. Foron días de moita dedicación para os alfombristas, que a primeira hora da tarde levantarán as súas obras efímeras, recollendo os materiais que poden reutilizar como as cunchas que marcan o contorno da maioría dos deseño. “Nese momento comeza xa o Corpus do ano que vén”, afirma.

O resultado que se ve nas rúas supón un traballo de meses. VANESA G. LOURIDO

POPULARIDADE INTERNACIONAL

Algúns veciños organízanse para confeccionar as alfombras das súas propias rúas pero a asociación El Pampillo aglutina outra parte do traballo. O colectivo exerce ademais de embaixador desta tradición de Castropol fóra de Asturias como integrante da Comisión Internacional de Alfombristas de Arte Efímero que reúne entidades culturais galegas – a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas e a Asociación Cultural Alfombras de Bueu-, catalás ou canarias pero tamén do resto de Europa –Italia e Bélxica– e mesmo de México e Xapón. A súa vindeira cita é no Congreso Internacional de Alfombristas que se celebrará do 21 ao 24 de xuño en Elxe da Sierra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...