InicioCulturaMondoñedo acollerá a verbena máis longa de Galicia, con 40 orquestras

Mondoñedo acollerá a verbena máis longa de Galicia, con 40 orquestras

París de Noia, Claxxon ou Compostela actuarán do 5 ao 7 de abril na cidade episcopal

Publicada o

- Advertisement -

Unhas 40 orquestras -entre elas París de Noia, Claxxon, Compostela ou Os Satélites– actuarán de xeito gratuíto en Mondoñedo entre o 5 e o 7 de abril nun macro festival tributo á verbena, organizado pola Asociación Galega de Orquestras (AGO), que a AGO adoita celebrar para promocionar as formacións musicais de cara á tempada que comeza.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto ao edil de educación e xuventude, Alberto García, acompañaron esta mañá ao presidente da AGO, Manolo Fariña, na presentación do cartel deste evento.

Na Alameda dos Remedios, as formacións poñerán música durante 48 horas seguidas dende as 21.00 horas do 5 de abril ata as 21.00 horas do 7 de abril. O programa da que será a verbena máis longa de Galicia está aberto polo que poderá sumar aínda as actuacións de máis formacións musicais da verbena galega.

Cartel do evento. AXM

DOUS ESCENARIOS

Haberá dous escenarios nos que cada formación presentará a súa respectiva proposta musical, repertorio e espectáculo, de cara a esta tempada. A entrada será de balde.

García agradece á AGO que escollese Mondoñedo. “Apoiamos esta iniciativa e puxémonos á disposición da organización para que este festival de promoción das orquestras tivese lugar en Mondoñedo. Atraerá xente á localidade durante estes días o que, sen lugar a dúbidas se converte nun activo moi positivo para a cidade”, asegura o edil.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...