InicioCulturaO teatro será o protagonista do abril cultural de Burela

O teatro será o protagonista do abril cultural de Burela

Volta e Dálle, MalaSombra Producións e Cultura Activa recrearán obras ao longo do mes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela presentou a súa programación cultural para o mes de abril, que inclúe varias representacións teatrais e unha proxección de cinema infantil.

O venres, día 5, a compañía Volta e Dálle presentará a obra ‘Falar por falar‘. Trátase dun traballo de narración oral do vicedense Pepe Penabade e Carlos Santiago sobre a lingua galegaO espectáculo comezará ás 21.00 horas e o prezo da entrada será de catro euros.

O 12 de abril, a compañía MalaSombra Producións recreará a obra ‘O caso é ter saúde‘, que parte dunha historia sobre a lotaría para reflexionar sobre a ambición. Tamén neste caso a representación dará comezo ás 21.00 horas e o prezo da entrada ascenderá a catro euros.

O 27 de abril, sábado, haberá de novo teatro coa obra ‘Saaabor‘, interpretada por Cultura Activa. A peza comezará ás 18.00 horas, cun custo de 2,5 euros por localidade.

No tocante ao cinema para nenos, haberá unha nova sesión o día 21, domingo, a partir das 18.30 horas, cando se proxectará unha película aínda por determinar

O Concello de Burela organiza estas actividades coa colaboración da Xunta de Galicia, Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. A programación desenvolverase integramente na casa da cultura.

SEMANA SANTA

A axenda cultural do Concello burelao completarase cos actos da Semana Santa, que se celebrarán dos días 14 ao 21 de abril.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...