InicioCulturaA Foliada de Cervo, o 11 de maio, ofrece un obradoiro de...

A Foliada de Cervo, o 11 de maio, ofrece un obradoiro de regueifa con Manolo Maseda

A repenteira bergantiñá Lupe Blanco participará tamén no taller, de inscrición gratuíta

Publicada o

- Advertisement -

A quinta Foliada de Cervo, que organiza a asociación cultural e recreativa Fervenza de Sargadelos, celebrarase o vindeiro 11 de maio.

A agrupación organizadora adiantou algunha das actividades do evento. Como novidade, nesta edición haberá un obradoiro de regueifa a cargo da bergantiñá Lupe Blanco e o burelao Manolo Maseda.

No taller, que comezará ás 11.30 horas, os dous repentistas achegarán aos participantes ao mundo da improvisación oral en verso. Durante a actividade traballaranse técnicas como a rima, a métrica, a estrofa, a melodía ou os recursos léxicos que caracterizan este xénero galego.

CURSOS INFANTÍS DE CANTO E PANDEIRETA

Pola tarde, desde as 16.30 horas, terán lugar dous obradoiros simultáneos de canto e pandeireta para a xente miúda e baile tradicional para todo o público. As inscricións están abertas até o 4 de maio e poden realizarse en fervenzadesargadelos@gmail.com.

FESTA DO PORCO

Como ocorreu nos últimos anos, a Foliada de Cervo coincidirá coa Festa do Porco, a exaltación gastronómica que prepara Airiños do Xunco, polo que os visitantes poderán gozar dunha xornada festiva completa. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...