A burelá Laura Ramos Cuba, finalista do premio de poesía de Galicia e Portugal

A súa peza 'Fasme amor' foi elixida entre as dez aspirantes a gañar o certame na categoría de lingua galega

Laura Ramos Cuba. AXM

A poeta de Burela Laura Ramos Cuba é unha das finalistas do certame ARi[t]mar, que premia as mellores pezas de autores de Galicia e Portugal.

A escritora da Mariña Lucense, que no pasado mes de setembro gañou o premio Victoriano Taibo co poemario ‘A situación actual’, resultou elixida pola peza ‘Fasme amor‘.

A xornalista, nada no 1993, optará a un premio ao que tamén aspiran nomes ben coñecidos dentro da poética galega, como Lucía Aldao, Celso Fernández Sanmartín ou Emma Pedreira.

Andrea Nunes e María Rosendo, Carlos Lixó, Lara Dopazo, Marta Dacosta, Pilar Pallarés e Susana Sanches Aríns tamén están entre a nómina de finalistas en lingua galega.

No tocante a Portugal, resultaron nomeados Adília Lopes, Alice Vieira, Aurelino Costa, João Luís Barreto Guimarães, José Alberto Oliveira, Marta Chaves, Rosa Alice Branco, Tatiana Faia, Valter Hugo Mãe e Vasco Gato.

VOTACIÓN

As persoas que quixeren participar na elección do gañador poderán votar a través da páxina web do certame (no link do primeiro párrafo desta información), desde as 00.00 horas do día 10 de abril até ás 23.59 horas do día 10 de maio, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros. Podes ler aquí todas as obras.

ARi[t]mar é un proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here