InicioCulturaAntón Reixa e Olga Novo participarán no recital Mondoñedo é Poesía

Antón Reixa e Olga Novo participarán no recital Mondoñedo é Poesía

A organización do encontro poético renderá tributo o primeiro de maio ao músico e activista cultural Manuel Ledo, "O Pallarego"

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo é poesía celebrará á súa sexta edición o primeiro de maio, dentro dos festexos das Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541.

Nesta edición, a organización homenaxeará a Manuel Ledo Bermúdez “O Pallarego” (Mondoñedo, 1899-1964), o músico-barbeiro que recuperou canda Cunqueiro, xunto a outros ilustres mindonienses como Vidarte ou Díaz Jácome, a tradición dos maios nos anos da segunda República.

A comitiva que recitará polas rúas partirá ás 17.00 horas da Finca da Loura, ao pé da casa natal do Pallarego no barrio dos Muíños. Particparán na homenaxe ao músico e activista cultural Remedios Ledo e alumnado dos centros educativos e da escola de música.

Alexandre Fernández Peón (segundo premio Díaz Jácome 2018), Laura López (terceiro premio Díaz Jácome 2018) e Esperanza Pérez participarán no recital polas rúas.

Cartel, obra de Pedro Gómez. AXM

ACTO NO PASCUAL VEIGA

Ás 18.30 horas comezará o acto poético no auditorio Pascual Veiga, onde soarán os versos de Martiño Maseda (primeiro premio Leiras Pulpeiro 2018), Alberte Momán (segundo premio Leiras Pulpeiro 2018), Olga Novo e Antón Reixa. A música correrá a cargo de Lino Rico (con Juan Carlos, Fajardo e David) e A Banda da Loba. Presentará Montserrat González Álvarez.

Ademais, haberá unha exposición de poesía na recepción do Auditorio Pascual Veiga. Tamén se poderá ver unha montaxe foto-poética con poemas elaborados polo alumnado do IES San Rosendo inspirados en obras de artistas mindonienses e mariñaos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...