A asociación cultural Avelino Díaz deu a coñecer os gañadores dos seus concursos de poesía e debuxo, convocados en colaboración cos concellos de Riotorto e Meira. O xurado estivo integrado por José Otero, María José Fernández, Jesús Trashorras e Montserrat Vidal.
Na categoría de tres a oito anos, o primeiro premio foi para ‘Primavera’, de Daniela Prieto Álvarez, do Ceip Avelino Díaz (Meira). A segunda distinción foi para ‘Lúa‘, de Erea Rivas Rego, do Ceip Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo). O terceiro galardón foi para ‘Lila‘, de Zoe González Seivane, deste mesmo centro.
DE NOVE A DOCE ANOS
Na categoría de nove a doce anos, a gañadora foi Laura Fiallega Gavín, do Ceip de Riotorto, con ‘O Poema‘. O segundo premio foi para ‘Eu e os xogos de Galicia‘, de Rut Bustos Domínguez, do Ceip Agro do Muíño (Ames). Xela Martínez Domínguez, do Ceip Illa Verde (Lugo), obtivo o terceiro posto con ‘O Soldadiño‘.
DE TRECE A 17
Entre o alumnado de trece a 17 anos, o xurado elixiu como a mellor a obra de Jorge Moral Vidal, do Barco de Valdeorras. Antía López Gándara, de Lugo, obtivo o segundo premio, e Natalia González Gómez, tamén da capital de provincia, conseguiu o terceiro galardón.
MAIORES DE IDADE
Na categoría de 18 anos en diante, Martiño Maseda Lozano, de Vilalba, levou o primeiro premio. O lucense Emilio Silva Otero conseguiu a segunda praza do concurso e a terceira foi para Natalia Lema Otero, de Vimianzo.
Os gañadores recibirán o seu premio o día 21 de xuño, ás 20.00 horas no centro sociocultural do colectivo, en Riotorto.