InicioCulturaMúsica, teatro e actividades infantís animarán as Letras Galegas en Viveiro, Cervo...

Música, teatro e actividades infantís animarán as Letras Galegas en Viveiro, Cervo e Burela

Repasamos as actividades propostas nestes tres concellos para homenaxear a Antón Fraguas e reivindicar a lingua e a cultura propia

Publicada o

- Advertisement -

A música tradicional e lírica acompañarán a celebración do Día das Letras Galegas en Viveiro, Cervo e Burela, onde se lembrará a figura do historiador e xeógrafo Antón Fraguas (Cotobade, 1905 – Compostela, 1999), homenaxeado este ano.

VIVEIRO

O venres, a Praza Maior acollerá as actuacións do grupo de danza e de gaita de Bágoas da Terra (12.00 horas) e o festival “Música e Letras” cun concerto da coral Alborada e a participación da libraría Porta da Vila (13.00 horas).

A proposta inclúese nunha programación mensual centrada nos máis pequenos, con actividades para difundir a vida e obra de Fraguas e fomentar as inquedanzas culturais.

O ciclo continuará cun obradoiro artístico o 24 de maio e un contacontos de Raquel Queizás o 1 de xuño. O 31 de maio colocarase na biblioteca municipal un vinilo conmemorativo da celebración.

CERVO

En Cervo, a programación cultural concéntrase o venres, con diferentes propostas desde a media tarde. A xornada arrancará cun acto en torno á figura do homenaxeado (Escolas Vellas, 18.00 horas) no que se abordará a súa vida e obra e no que intervirá o grupo de cantareiras Cordenaia. O grupo de teatro Calavera representará a obra ‘O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa‘.

Á noite, Sete meigas e un meigallo, Dambara e Misturos actuarán na Praza dos Campos a partir das 21.00 horas.

BURELA

Burela, que o venres acollerá a concentración da plataforma cidadá Queremos Galego na comarca (Praza da Mariña, 12.00 horas), programa as citas culturais para a fin de semana.

O sábado, a Coral Polifónica de Burela compartirá escenario coas de Mera e A Estrada (casa da cultura, 20.30 horas)  O domingo, a cantante Andrea Pousa ofrecerá un concerto (casa da cultura, 19.30 horas) no que presentará o seu primeiro disco en solitario ‘Respirar‘.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, avanzou que a artista tamén versionará temas emblemáticos da canción galega como ‘Negra Sombra‘. “Vai ser un concerto moi especial que encaixa moi ben co que conmemoramos nesa data”,  concluíu o edil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...