O IES Vilar Ponte de Viveiro acollerá un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), titulado ‘Menores: familia, escola e comunidade como eixos de intervención educativa‘. Será do 4 ao 6 de xullo, e o prazo para anotarse na actividade remata o día 23. O curso está cofinanciado polo Concello de Viveiro.
Dirixido por Miguel Santos Rego e Mar Lorenzo, o evento ten como obxectivo analizar a realidade actual dos menores no marco das transformacións sociais, ademais do seu influxo e crecemento na formación da personalidade. O programa ao completo pode consultarse aquí.
MATRÍCULA
A taxa de matrícula é de 70 euros, que se reduce a 40 no caso de estudantes universitarios, de bacharelato ou formación profesional, pensionistas ou parados. A USC recoñece o curso, de 24 horas lectivas, cun crédito ECTS.
Os interesados en inscribirse poden facelo na web da USC.