InicioCulturaGustaríache tocar no Resurrection Fest? Buscan tres grupos

Gustaríache tocar no Resurrection Fest? Buscan tres grupos

A organización abre o prazo para inscribirse na sétima edición do Band Contest

Publicada o

- Advertisement -

O Resurrection Fest abriu a sétima edición do Band Contest, o certame que permitirá aos grupos gañadores tocar no festival de rock, que se celebrará do 3 ao 6 de xullo.

O concurso constará de varias fases. Na primeira delas, a organización fará un filtrado de 15 bandas que pasarán á final sen importar as súas redes sociais nin o grupo de amigos.

Na final haberá votacións que se realizarán vía Facebook e tamén outorgará puntos un xurado especializado.

As tres bandas que obteñan un maior número de votos terán un sitio no festival, un referente a nivel europeo dos encontros de hard rock, punk e heavy metal. Podes consultar as bases do concurso aquí.

CARTEL DE LUXO

Os gañadores poderán formar parte dun cartel no que sobresaen nomes como Slipknot, a célebre banda estadounidense das máscaras, Slayer -que se despedirán de España en Celeiro-, Within Temptation, Parkway Drive, King Diamond, Gojira ou Lamb of God.

ENTRADAS PARA VIVEIRENSES

As entradas para os censados en Viveiro siguen á venda nos claustros de San Francisco, pero só estarán dispoñibles a partir de agora os mércores de mañá.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...