InicioCulturaUn vídeo sobre Mondoñedo en 360 º competirá nun festival internacional

Un vídeo sobre Mondoñedo en 360 º competirá nun festival internacional

Coescrita por Felipe Debasa e Daniel Dou e producido pola Universidade a Distancia de Madrid, competirá no Crown Wood International Film Festival de Calcuta

Publicada o

- Advertisement -

Un vídeo sobre Mondoñedo en 360 º competirá no festival Crown Wood International Film Festival, que se celebra en Calculta, na categoría de mellor peza audiovisual de realidade virtual.

Mondoñedo 360º Experience Vol. 1’, coescrito por Felipe Debasa e Daniel Dou e producido pola Universidad a Distancia de Madrid, UDIMA, gañou o premio ao mellor proxecto do mes de maio, o que significa que obterá billete para competir polo galardón á mellor obra anual na cidade da India.

PROMOCIÓN TURÍSTICA

O proxecto multidisciplinar ‘The Mondoñedo Valley’ aspira a potenciar a promoción turística municipal a través de mostrar visualmente a súa tradición histórica ou cultural.

Así, no vídeo, que dura uns cinco minutos, pódense contemplar en 360º os atractivos naturais do municipio, como as Covas do Rei Cintolo; históricos e patrimoniais, como a catedral; ou culturais, como as festas ou a súa artesanía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...