InicioCulturaShooglenifty, Gwëndal ou Flook, nun Festival de Ortigueira que reúne as oito...

Shooglenifty, Gwëndal ou Flook, nun Festival de Ortigueira que reúne as oito nacións celtas tras 40 anos

O evento, de Interese Turístico Internacional, celebrarase do 11 ao 14 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Festival do Mundo Celta de Ortigueira celebra este ano unha volta ás súas orixes despois de catro décadas da primeira edición, e por iso reforza a súa esencia cunha programación a modo de chamamento á unión das oito nacións celtas, que responderon “encantadas” á chamada.

“OITO NACIÓNS, UNHA CULTURA”

“É o momento de volver á orixe do evento, pretendemos que non se desvirtúe a súa esencia”, explicou na mañá do mércores o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, na presentación da edición 41 do certame, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo co lema ‘Oito nacións, unha cultura‘.

Tanto a programación como o cartel, deseñado por Cristian Caruncho e protagonizado por un Breogán gaiteiro, e as pezas audiovisuais preparadas para o festival parten deste chamamento ás nacións celtas, que son Asturias, Escocia, Irlanda, Bretaña, Gales, Cornualles e Illa de Man, ademais de Galicia.

41 ANOS DE TRAXECTORIA

O festival, declarado de Interese Turístico Galego e Nacional, obtivo no 2005 o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional e no 2014 foi distinguido co Premio Cultura Galega na modalidade de música.

Trala súa primeira edición no 1978, o Mundo Celta de Ortigueira repetirá este ano como un dos mellores festivais de Europa e converterá esta pequena localidade do Ortegal nun escaparate de música celta durante catro días.

XOVES

Os míticos Gwëndal, con doce álbums editados, un disco de ouro e un Premio Charles Cros, actuarán o primeiro día do certame coas súas composicións instrumentais inspiradas en melodías populares. Tamén tocará a formación nacida en Sevilla no 2006 Stolennotes.

O concurso internacional Proxecto Runas será ademais un dos atractivos do primeiro día do festival, no que actuarán sobre o escenario Estrella Galicia os xaponeses Yuki Kojima Band, os galegos Dequenvessendo e os murcianos Túa, finalistas no 2019.

VENRES

O venres 12 será o día das gaitas, coa banda Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, creada en 1972, e a Escola de Gaitas de Ortigueira, formación fundadora do festival e xurdida en 1975, composta por 27 gaiteiros, entre outros instrumentistas.

SÁBADO

The Moving Hearts e a súa fusión do son tradicional irlandés co urbán; o gaiteiro Anxo Lorenzo Band e o trío Project Smok completarán o cartel do venres.

O sábado tocarán Bagad Kerlenn Pondi; Dominic Graham School of Irish Dance; a banda escocesa Shooglenifty e a irlandesa Flook, así como os gañadores do Proxecto Runas 2018, os polacos Beltaine.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...