InicioCulturaViveiro reivindicará a súa cultura marítima cun programa de actividades

Viveiro reivindicará a súa cultura marítima cun programa de actividades

'Vivemar', que durará todo o mes de setembro, inclúe exposicións, coloquios e un mercado

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro resaltará a súa cultura marítima do 1 ao 30 de setembro co proxecto ‘Vivemar‘, que inclúe un variado programa de actividadesexposicións, gastronomía ou debates-, todas relacionadas co recurso mariño.

O responsable da tapería itinerante Prato_Do, Lucas Requejo, presentou este plan ao goberno local e contará co apoio da concellería de mar. O edil, Jesús Fernández, resaltou na presentación do proxecto que as actividades animarán “un mes tranquilo” no municipio e que Viveiro “é un concello tradicionalmente marítimo”.

‘Vivemar’, que aspira a implicar a todos os sectores sociais, como a hostalería de Celeiro, Covas e Viveiro, ou aos centros educativos do municipio, impulsará unha exposición de fotografías e outra de maquetas de barcos e aparellos de pesca.

OS PLÁSTICOS, A DEBATE

Tamén haberá debates, un deles enfocado ás consecuencias dos plásticos no mar e outro sobre a restauración da ría de Viveiro. Un mercado de conservas e artesanía e un mercadiño infantil, con xogos populares e obradoiros de creatividade, poñerán o peche a un programa que tamén ofrecerá actuacións musicais relacionadas co medio mariño e mesmo un ciclo de cine.

MERCADO RENACENTISTA

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a edil de cultura, Lara Fernández, anunciaron na presentación do cartel do Mercado Renacentista de Viveiro -que se celebrará entre o 5 e o 8 de xullo- que traballaban para que o desembarco de Carlos V se produza nunha embarcación antiga. Ademais, o coro Tempus Fugit interpretará o sábado 7 un repertorio musical renacentista

Cartel do Mercado Renacentista. AXM

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...