InicioCulturaChez Damier, Secretsundaze, Baldo ou Aparato, no Tentacle Summer

Chez Damier, Secretsundaze, Baldo ou Aparato, no Tentacle Summer

A sétima edición do festival de electrónica e house de Foz celebrarase o 27 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O Tentacle Summer de Foz anunciou o cartel completo da vindeira edición -a sétima- do festival de música disco, electrónica e house, que se celebrará o vindeiro 27 de xullo. Chez Damier (Chicago), Secretsundaze (Londres) e Baldo (Barcelona) encabezarán a nómina de artistas.

O asturiano Paul Rudder; o dúo Aparato, procedente de Santiago de Compostela, formado por Chus Silva e María Caramés; Meraki, parella composta por Óscar Mosqueira e Froilán Fernández; Moisés López ‘Cohen’, responsable dos Xoves Cálidos do Muelle Bar; Alex Nite; Manuel Vilouta e Vitor P. son as novas incorporacións do festival.

CELEBRARASE NAS ‘TORRES’

O Tentacle Summer celebrarase nas Torres, onde se ubicará unha zona urban, que disporá das novas instalacións deportivas da urbanización. A organización baralla realizar actividades de deporte e cultura urbá, ademais dun campeonato de skate e outro de baloncesto 3×3.

Esta zona estará amenizada cos Djs da Tentacle Summer Crew & Friends. Finalmente, haberá unha zona de comida con polbo e churrasco e outra de mercado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...