Mondoñedo e Lourenzá acollerán as xornadas do peregrino

O décimo primeira edición do encontro, que organiza Abrindo Camiño, será do 6 ao 8 de xullo

Presentación das xornadas. AXM

Mondoñedo e Lourenzá acollerán os días 6, 7 e 8 de xullo a décimo primeira edición das xornadas do peregrino Abrindo Camiño, evento que foi presentado onte na delegación territorial da Xunta de Galicia, en Lugo.

O evento servirá para homenaxear o 25 aniversario da declaración do Camiño francés como Patrimonio da Humanidade e o terceiro do recoñecemento do Camiño norte, e tamén haberá unha lembranza para a figura de Santiago Iglesias Dobarrio, directivo fundador da entidade que organiza as xornadas, a asociación Abrindo Camiño.

PROGRAMA

O programa, incluído no documento adxunto, contén coloquios, roteiros a pé, visitas a espazos como o museo do mosteiro de San Salvador ou ao centro de interpretación da faba, e actuacións musicais. XI XORNADAS DO PEREGRINO

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; o presidente da Asociación Abrindo Camiño, José Luís Fernández; Elena Candia e Rocío López, alcaldesas de Mondoñedo e Lourenzá; o deputado provincial Eduardo Vidal e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here