InicioCultura(CRÓNICA) Slayer capea a tormenta eléctrica para despedirse no Resu

(CRÓNICA) Slayer capea a tormenta eléctrica para despedirse no Resu

A banda máis extrema do trash metal deu o seu último concerto en España nunha xornada marcada polas condicións meteorolóxicas

Publicada o

- Advertisement -

EFE/JAVIER RAMOS. A lendaria banda norteamericana de trash metal Slayer despediuse este xoves de España cun último concerto da súa xira final no Resurrection Fest de Viveiro, que por momentos perigou a súa celebración ante a tormenta eléctrica e de chuvia que caeu xusto á hora fixada para o inicio do concerto.

Slayer, considerados un dos catro grandes grupos do trash metal xunto a Metallica, Megadeth e Anthrax, tiña previsto salir ao escenario principal do festival ás 21.45 horas da noite, pero a súa chegada postergouse ata cerca dunha hora despois, pola imposibilidade de realizar un concerto baixo tales condicións meteorolóxicas, a pesar da devoción das máis de 20.000 persoas que se congregaron no recinto de Celeiro na segunda xornada do festival.

Ao principio, moitos deles recibían con vítores cada un dos relámpagos que caía nos arredores e ironizaban sobre os “efectos especiais” que o espectáculo portaba consigo, aínda que finalmente calou a resignación, e tamén a agua ata os ósos, ao comprender que era imposible ofrecer un concerto nesa situación.

GRUPO CONTROVERTIDO

Con todo, aínda que fose unha hora máis tarde do previsto, Slayer, coñecidos pola súa perversa imaxinería e vertixinosas cancións sobre temas como ritos satánicos, mutilacións ou guerras, atacou, sen mediar saúdo, a interpretación de ‘Repentless‘ como tema de apertura, extraído do álbum de nome homónimo e que consta como a súa última publicación, en 2015.

A elección dun tema recente non foi a tónica xeral dun concerto que repasou os discos da súa extensa traxectoria, prolongada por cerca de 40 anos -con varios cambios na formación orixinal-, e na que se diferenciaron por ser a banda máis extrema entre as grandes coñecidas do trash metal, xénero caracterizado pola velocidade á que se interpreta cada canción e o agresivo das mesmas.

World painted blood‘, ‘Hate Worlwide‘ -ambas de 2009- e ‘Postmortem‘ -do seu álbum máis aclamado, ‘Reign in blood‘ (1986)- deron conta delo na fase inicial do espectáculo e introduciron a icónica ‘War ensemble‘, que demostrou tanto o virtuosismo técnico dos compoñentes do grupo como a súa capacidade para afrontar sons máis densos e pesados.

O disco ‘Seasons in the abyss‘ (1990) copou boa parte do ecuador do concerto, xa que Slayer rescatou no mesmo temas clásicos como ‘Born of fire‘ ou o propio sinxelo que da nome ao álbum.

‘RAINING BLOOD’ DESATOU O CAOS

Con todo, o incidente coa tormenta provocou que tiveran que acortar o repertorio pensado para a ocasión e, apenas unha hora despois do inicio tocaron a clásica ‘Raining blood‘, que desatou o caos entre os asistentes nada máis comezar o seu afiado fraseo e converteu o concerto nun macabro ritual no que os presentes, empapados pola chuvia anterior, bateron e bailaron entre eles sen mesura mentres as mans dos músicos voaban a velocidades de vértigo sobre unhas guitarras desatadas, que emitían apocalípticos sons.

Aínda co público a buscar osíxeno para recuperarse de tan convulso acontecemento, o vocalista Tom Araya acometeu os primeiros versos de ‘Dead skin mask‘, penúltima canción dun espectáculo que pechou a exitosa e controvertida ‘Angel of death‘, que resume as atrocidades cometidas polo médico nazi Josef Mengele, quen experimentou con persoas recluídas no campo de concentración de Auschwitz durante a Segunda Guerra Mundial.

No seu día, o tema desatou certa polémica pola suposta simpatía do grupo co Holocausto, agravado pola colección de medallas nazis dun dos seus fundadores, o falecido Jeff Hanneman. Aunque Slayer sempre negaron que iso sexa certo. Na noite deste xoves ofreceron unha potente interpretación do mesmo que pechou o que, malia certas especulacións con que o grupo non se disolverá trala xira, probablemente sexa o seu último concerto en España.

PARKWAY DRIVE, PECHE NO ESCENARIO PRINCIPAL

O ex cantante de Saratoga e Stravaganzza, Leo Jiménez, tomou a testemuña de Slayer para menter activa a chama nun Resurrection Fest que, este xoves, pechou no escenario principal cos estadounidenses Parkway Drive e coa súa proposta de metalcore. O seu compatriota, o californiano Brant Bjork, ex membro de Kyuss, puxo o fin de festa no secundario Desert Stage.

GOJIRA ANIMOU A TARDE

Durante a tarde, bandas como Crystal Lake ou Kitai queceron o ambiente ata a chegada do colectivo francés de death metal Gojira, un clásico do festival que congregou a un bo número de persoas para desfrutar dos seus últimos temas, así como tamén o acadaron facer -malia a chuvia inoportuna que prognosticaba a tormenta posterior- os membros de Toundra, o grupo instrumental español de post-metal, inmerso na xira do seu último disco, ‘Vortex‘.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...