EFE. O festival Resurrection Fest de Viveiro foi unha das novas musicais máis comentadas da fin de semana en Galicia, aínda que nesta ocasión os concertos tiveron que compartir protagonismo coa imaxe do rioxano Álex, o mozo con discapacidade fotografado mentres desfrutaba de varias das actuacións alzado sobre o público e que se converteu nun fenómeno viral.
Aínda que varios afeccionados captaron a escena cos seus teléfonos móbiles, a imaxe máis difundida foi a tomada por Daniel Cruz, fotógrafo oficial do festival, e que foi compartida con notable éxito nas redes sociais do evento, na que acumula miles de “gústame” e compartidas.
Yo hice esta desde atrás en el concierto de Trivium. Lo que hace este festival es brutal. pic.twitter.com/7EAasCM7MM
— Andreu Gómez (@andreugc14) 7 de xullo de 2019
Na instantánea pódese ver a Álex sentado na súa cadeira de rodas e levantado sobre as cabezas do resto dos asistentes por unha ducia de persoas durante o concerto da banda sueca Arch Enemy, á que o protagonista anima durante o seu percorrido ata as primeiras filas.
O propio grupo compartiu posteriormente nas redes sociais este momento e referiuse ao público como “incrible” por permitirlle desfrutar a este mozo desta sensación malia a discapacidade que afronta.
The Arch Enemy legions just being awesome as usual at @ResurrectionESP in Spain a couple of days ago! Tonight we play in Marseille, France! #archenemy #wareternal #willtopower pic.twitter.com/LmyltJ6FMI
— ᴀʀᴄʜ ᴇɴᴇᴍʏ (@archenemymetal) 7 de xullo de 2019
O xesto repetiuse en varios concertos ao longo de todo o festival, xa que nas redes publicáronse imaxes e vídeos similares doutras actuacións como as de Gojira ou Trivium.
A DECISIÓN, SÚA
Segundo relatou o propio Álex en declaracións á prensa, a decisión de facer ‘crowdsurfing‘ partiu del mesmo, xa que, aínda que existe unha zona adaptada no festival para as persoas con discapacidade, preferiu integrarse dese modo e desfrutar como o resto de asistentes dos concertos.
ENORME el público del @ResurrectionESP , ¡por un festi para todos! pic.twitter.com/tYZFjx9U6X
— Marta Senn (@iammsenn) 5 de xullo de 2019
A familia do mozo tamén agradeceu o xesto a través de Twitter, onde deu as grazas “a toda esa xente que fixo que Álex cumprira un soño” e defenderon que “separalo da xente” para desfrutar dos concertos “non é humanidade“.