Axenda: plans para o San Xoán na Mariña e Occidente de Asturias

Orquestras, concertos, festivais históricos e degustacións de sardiñas e outros manxares protagonizan a festividade

Luimeiras de San Xoán. AXM

VIVEIRO

As patronais de Covas son unha das grandes citas para os mariñaos. Ás 14.00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena, que repetirá na verbena nocturna xunto con Montreal. A música comezará as 23.00 horas, haberá un pequeno descanso para a fogueira e continuará tras recibir o lume novo.

A celebración continuará con verbenas os días 24 e 25, cando será a agardada e multitudinaria sardiñada, ás 20 horas

Cartel do San Xoán de Covas.

XOVE

A primeira edición do Sanxan Fest, na Praia de Esteiro, contará co cantautor estadounidense Bart Davenport como principal gancho. A música comezará ás 19.30 horas.

 

CERVO

Na festa organizada por A Rebolaxe en San Cibrao non faltará unha degustación de porco en diferentes variedades e a música co grupo de versións Mi rollo es el rock.

En Rúa haberá churrascada desde as 20.00 horas e logo e verbena con Diamantes

Cartel do San Xoán da parroquia de Rúa, en Cervo.

En Figueirido celebrarase o San Luís, con misa ás 14.00 horas e sesión vermú. Pola noite haberá churrasco a cinco euros a ración, e desde as 22.30 horas verbena con PK2 e concerto pop con Los Limones.

FOZ

Para os amantes da verbena, o dúo Kiko e Noelia e Emperadores amenizarán a noite nas festas de Vilaronte. Tamén haberá sesión vermú con esta última formación. 

BARREIROS

San Estevo do Ermo acollerá a a sétima edición do festival histórico Augas Santas, con porco e año ao espeto, vodas celtas e queimada.

Festival de San Estevo do Ermo. AXM

MONDOÑEDO

O barrio dos Muíños habilitará inchables para os nenos desde as 17.00 horas. Ás oito comezará unha exhibición de zumba e haberá cea en carpa, previa á verbena, que correrá a cargo do dúo Epo-K

RIBADEO

Ove celebra o San Xoán con sardiñada e pancetada, desde as 21.00 horas, e as actuacións da orquestra New York e a disco móvil Blanco y Negro.

A PONTENOVA

A parroquia de Rececende celebra o San Xoán coa orquestra Nevada e a actuación da cantante do Incio Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión no 2011

CASTROPOL

A praia de Arnao será a sede dunha gran lumieira, que terá como aperitivo unha sesión vermú rockeira con Trastornos del Sueño (ás 13.00 horas) e unha sesión de house a cargo de Daniel Aibar, ás oito da tarde

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here