Carlos Blanco e Touriñán levarán o seu novo espectáculo a Burela en agosto

As entradas para 'Unha noite na praia', a nova comedia dos dous actores, están á venta a un prezo de 15 euros


Carlos Blanco e Xosé Touriñán levarán a Burela, os días 30 e 31 de agosto, a súa comedia ‘Unha noite na praia‘. As entradas para as representacións, as únicas en toda a provincia desta obra, están á venta neste enlace, a un prezo de 15 euros.

O concelleiro de cultura, José Díaz, explica que se trata “do segundo espectáculo que fan xuntos Blanco e Touriñán despois de ‘Somos criminais‘. Segundo contan as críticas, creo que é excelente, como ocorre sempre con estes dous grandes actores e cómicos que temos en Galicia”.

O edil subliña que “só hai outras seis funcións máis desta peza” na comunidade, ningunha delas na provincia de Lugo. “Para nós é unha satisfacción que decidan facela en Burela”, remarca.

UNHA TERCEIRA ESCENIFICACIÓN, NO AIRE

Así, segundo como vaia a compra de entradas, “quizais haxa unha terceira escenificación en Burela, probablemente o venres”, expón o concelleiro. Os espectáculos serán no auditorio, ambas sesións a partir das 21.30 horas. As entradas, neste caso, non serán numeradas.

COINCIDIRÁN COA FEIRA DO LIBRO

Díaz apunta que as escenificacións coincidirán coa Feira do Libro de Burela, que se celebrará os días 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro. Así, seis entradas sortearanse entre os clientes do encontro literario.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here