InicioCulturaAberto o prazo para os obradoiros estivais do Museo do Mar

Aberto o prazo para os obradoiros estivais do Museo do Mar

A Deputación ofrece talleres de arqueoloxía, navegación a vela ou historia baleeira de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu o prazo para anotarse nos obradoiros de verán que ofrece o Museo Provincial do Mar de San Cibrao. A primeira actividade será o 30 de xuño, e a última o 22 de agosto. Todos os talleres serán en horario matinal, de 11.00 a 13.30 ou 14.00 horas, agás o curso ‘Quen caeu nas miñas redes‘, adicado a adultos. 

O obradoiro ‘Diversos’, que tratará a diversidade sexual, será o 30 de xuño, contará con 15 prazas para nenos de entre catro e catorce anos.

‘Atando Cabos’, que se celebrará entre o 4 e o 5 de xullo, permitirá aos participantes recoñecer os diferentes tipos de cabos, as manobras do barco nas que se usan e os tipos de nós axeitados para cada unha delas. Este obradoiro ofrece 15 prazas para nenos de entre catro e 14 anos.

MÁSCARAS AFRICANAS

O Museo Provincial do Mar tamén oferta un taller de elaboración de máscaras africanas. Poderán participar nel 15 persoas de todas as idades.

O 11 e 12 de xullo haberá un campamento de arqueoloxía, con 15 prazas para nenos de entre catro e doce anos. O arqueólogo Enrique Alcorta dirixirá a actividade.

GASTRONOMÍA E HISTORIA, PARA ADULTOS

‘Comer e pensar só é empezar’, dirixido a persoas adultas e impartido por Leonardo Casado, tratará a gastronomía tradicional galega ao longo da historia. Será o 12 de xullo, de 17.00 a 19.00 horas.

‘Quen caeu nas miñas redes’, o 18 e 19 de xullo, servirá para que 15 nenos e nenas de entre catro e 14 anos reflexionen sobre os plásticos.

O campamento do museo, do 24 ao 27 de xullo, durará catro días en horario matinal e esta pensado para nenos de entre 4 e 15 anos.

Outro dos obradoiros, tamén infantil, versará sobre a navegación a vela. Será o 22 de agosto. Ao día seguinte será a quenda de ‘Coñeces a Cipriana?’, un taller sobre o pasado baleeiro de Galicia, que permitirá aos nenos coñecer unha colección de ósos única por ser dunha balea xa extinguida.

CONTACTO

Informan sobre as actividades e a inscrición no 982.59.45.72 e no correo electrónico museodomar@museolugo.org.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...