InicioCulturaAstarot actuará o 5 de outubro na Festa da Faba de Lourenzá

Astarot actuará o 5 de outubro na Festa da Faba de Lourenzá

O grupo de rock do Morrazo pasa polo seu filtro cancións populares galegas como 'A sementeira', 'Lela' ou 'O tren'

Publicada o

- Advertisement -

O grupo cangués de rock Astarot actuará en Lourenzá o día 5 de outubro, sábado, dentro do programa da vixésimo novena edición da Festa da Faba.

O concelleiro de cultura, Manuel Arango Ron, anunciou este mércores o concerto da banda, que “interpreta en versión rock temas tan coñecidos da música galega como ‘Sementeira‘, ‘Meu amor é mariñeiro‘, ‘Lela‘, ‘Negra Sombra‘ ou ‘O tren‘”.

DE BALDE

Arango destaca que o recital, coma todos os que teñen lugar durante a Festa da Faba, “será con entrada gratuíta”.

Formado en 1983, o grupo Astarot conta con oito traballos discográficos, nos que colaborou con artistas como Suso Vaamonde, Los Tamara ou Mini e Mero.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...