InicioCulturaUn documental repasa a vida e a obra de Celso Dourado e...

Un documental repasa a vida e a obra de Celso Dourado e o espazo que creou en Barreiros

Martín G. Rodil dirixe a peza audiovisual, na que se dan cita voces de persoas que falan sobre o home e o artista

Publicada o

- Advertisement -

O documental ‘Eido Dourado‘, sobre o espazo de arte do mesmo nome que no pasado ano pechou en Barreiros despois de dez anos de andaina, repasará “a persoa e a obra” do pintor mariñao Celso Dourado, o seu promotor.

Dirixida por Martín G. Rodil, a peza audiovisual “é unha celebración da creatividade e a vida, na que se dan cita as voces de persoas que o coñecen para falar da persoa e do artista”.

TRÁILER

O filme conta con imaxes inéditas gravadas ao longo de varios anos. Pero, sobre todo, é “o esbozo dun creador único, no que sobresae a propia voz de Dourado para amosarnos que non existe maior tesouro na existencia que atopar un lugar, o verdadeiro fogar dun mesmo, e habitalo”.

‘Eido Dourado’ representa, en palabras do director, “a celebración dun lugar simbólico, dunha idea que dá forma a toda unha vida de traballo e dedicación entorno a un proxecto que vai máis alá daquel espazo e dos dez anos de tempo durante os que permaneceu aberto ao público”. Podes ver o tráiler da película nesta ligazón.

AUTOCONSTRUCIÓN E RECICLAXE

No filme descríbese como, logo de máis de 20 anos de traballo, o pintor Celso Dourado abriu ao público o espazo de arte nas inmediacións da praia das Pasadas, baseado na autoconstrucción e na reciclaxe de materiais, e o que isto significou no seu momento para unha persoa cunha traxectoria persoal tan complexa.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...