Literatura e música daranse a man na 34 edición da Feira do Libro de Foz

Magín Blanco, Xoan Curiel ou Xurxo Souto presentarán os seus formatos libro e disco na mostra decana da Mariña, que se celebrará do 22 ao 25 de agosto

alcalde focense Fran Cajoto e a delegada de Cultura da Xunta de Galicia María Jose Gómez presentaron o acto. AXM

A Feira do Libro de Foz, decana da Mariña Lucense e terceira máis antiga de Galicia, sumará do 22 ao 25 de agosto unha nova edición, a trixésimo cuarta.

As librarías levarán a súa oferta editorial á Praza do Conde Fontao, que acollerá diversas actividades paralelas. Autoras coma Rocío López, Carolina Sarmiento, María Soliño, Elisabeth Bowman, Sonia Arias, Esther López, Juan Prieto, Manuel Pernas ou Antonio Reigosa, que tamén será o pregoeiro do evento, asinarán as súas últimas obras nos postos de venda.

MÚSICA E LITERATURA

Ademais, desenvolveranse presentacións editoriais, coloquios literarios e actuacións e representacións musicais arredor de formatos de libro e disco.

Así, a histórica cita literaria convocará aos cantautores Magín Blanco, que presentará ‘A nena e o grilo, máis aló‘, e Xoán Curiel, con ‘Canta, miña pedra, canta‘, e ao polifacético Xurxo Souto, cun espectáculo musical que serve de banda sonora ao seu libro ‘A gran travesía de Chiruca Macallás‘.

CONCURSO DE DEBUXO

Tamén se celebrará un concurso de debuxo que terá como xuíces a Daniel Caxigueiro e Paz Quiroga.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here