InicioCulturaO Cenima abre a mostra fotográfica 'Auga, o sangue da terra'

O Cenima abre a mostra fotográfica ‘Auga, o sangue da terra’

A exposición de Manuel Valcárcel, impulsada por Abanca e o Concello de Foz, inclúe imaxes dos cinco continentes

Publicada o

- Advertisement -

A Sala de Exposicións do Centro de Interpretación da Mariña (Cenima) de Foz acollerá este mércores, ás 20.00 horas, a inauguración da exposición fotográfica ‘Auga. O sangue da terra‘, de Manuel Valcárcel. O Concello, Abanca e Afundación impulsan a mostra, de balde, que poderá verse ata o 29 de xullo, de luns a sábados en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00.

A exposición inclúe fotografías dos cinco continentes e profundiza na relación do ser humano coa auga. Lugares que nos son remotos, como Nova Celandia, India, China, Níxer ou o deserto de Atacama, e outros máis cercanos, como a conca do lucense río Lor, foron captados pola cámara de Válcarcel, que pretende coa colección poñer en valor a importancia da auga como elemento vital e amosar como inflúe a súa presenza ou ausencia nas culturas, paisaxes e ecosistemas.

PROXECTO ‘CORRENTE CULTURAL’

A exposición é parte do proxecto ‘Corrente cultural‘ de Afundación, a obra social de Abanca, que considera a arte como un instrumento para estimular o desenvolvemento colectivo e amplía a oferta artística non só nas súas sedes, senón tamén nas vilas galegas.

Asistirán ao acto de apertura o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o director territorial de Abanca en Lugo, Walter Álvarez; o coordinador de Negocio Institucional de Abanca en Ourense e Lugo, Alberto López; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...