Oito librarías participarán na Feira do Libro de Burela, con protagonismo para a literatura da comarca

Entre as actividades paralelas destaca un coloquio sobre a revista 'O Trasno' publicada polo recén disolto colectivo cultural Buril

Detalle do cartel que anima á lectura. AXM

Oito librarías participarán na quinta edición da Feira do Libro de Burela, que se celebrará do 30 de agosto ao 1 de setembro.

Pablo Mosquera encargarase de pronunciar o pregón que abrirá o evento, que remarcará a producción literaria da comarca. Escritores como Antía Yáñez, Paco Rivas ou Irene Rega, o historiador Carlos Nuevo Cal, o ceramista Otero Regal ou o xornalista David Val presentarán as súas últimas publicacións.

COLOQUIO SOBRE “O TRASNO”

Ademais, celebrarase un debate arredor da revista “O Trasno”,  editada polo colectivo Buril que este ano fixo oficial a súa disolución.  Emilio Legaspi e Manuel Nebril repasarán a traxectoria da publicación que recollía a actualidade política, social e cultual do que entón era o concello de Cervo e que estivo na rúa de 1985 ata 1990.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Arredor do evento tamén se organizarán contacontos e obradoiros dirixidos aos máis pequenos, “para darlles presenza e afeccionalos ao mundo dos libros”, explicou o edil de Cultura, José Díaz, este luns na presentación da feira.

Os horarios de apertura das casetas será de 12.00 a 14.00 horas polas mañás e de 18.00 a 21.30 horas polas tardes. Aquí podes consultar a programación completa. FEIRA DO LIBRO DE BURELA

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here