InicioCulturaJudas Priest e KoRn súmanse ao Resurrection Fest 2020

Judas Priest e KoRn súmanse ao Resurrection Fest 2020

A lendaria banda de heavy metal británica ofrecerá o seu primeiro concerto no festival na xira de celebración do seu 50 aniversario

Publicada o

- Advertisement -

O lendario grupo de heavy metal británico Judas Priest e maila banda de nu metal estadounidense KoRn súmanse ao cartel do Resurrection Fest 2020, despois de que a organización anunciase a pasada semana a presenza de System of a Down na décimo quinta edición do festival, que se celebrará do 1 ao 4 en Viveiro.

Segundo expoñen os promotores do encontro musical, Judas Priest visitará por primeira vez o festival, no que parará unha xira especial de conmemoración do seu 50 aniversario.

KoRn, pola súa banda, ofrecerá o seu único concerto en España no 2020 no recinto de Lavandeiras.

OUTRAS 21 BANDAS, CONFIRMADAS

A organización anunciou outras 21 bandas:

Meshuggah (único recital en España en 2020), que volve ao Resurrection Fest despois de nove anos, Heaven Shall Burn (único concerto no Estado o vindeiro ano) ou os brasileiros Sepultura tamén tocarán na vindeira edición, así como Madball.

As outras bandas confirmadas son:

Jinjer
Dark Funeral
Amenra
Knocked Loose
Hamlet
Beyond The Black
Lionheart
Elder
Belvedere
Dagoba
The Atomic Bitchwax
Vita Imana
Our Hollow, Our Home
Blowfuse
Onza
Thirteen Bled Promises
Cannibal Grandpa

AS ENTRADAS, O 1 DE OUTUBRO

As entradas sairán á venta o 1 de outubro ás 11.00 horas. Os promotores recomendan acollerse ao bono reducido e mercalas canto antes, pois na pasada edición rematáronse en febreiro “e este ano esperamos que sexa antes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...