InicioCulturaAs actividades ao aire libre protagonizan a programación cultural de Burela

As actividades ao aire libre protagonizan a programación cultural de Burela

A Praza da Mariña acollerá actuacións musicais e cine, e a romaxe do Monte Castelo será os días 27, 28 e 29

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de cultura de Burela deu a coñecer a programación cultural municipal no mes de xullo, enfocada ás actividades ao aire libre, en tanto que no auditorio municipal vanse levar a cabo melloras no son e no aforro enerxético da iluminación, segundo adiantou o edil, José Díaz.

O programa de actividades arrincará este xoves cun concerto de jazz na Praza da Mariña. O recital será aberto ao público e comezará ás 21.00 horas, e correrá a cargo do alumnado e o profesor, José García, da escola municipal de música. O domingo haberá unha nova edición do rastro solidario, na praza desde as dez da mañá ás tres da tarde.

O mércores 18 haberá cine ao aire libre, tamén na praza, en torno ás 22.30 horas, cunha película aínda por determinar.

A romaxe do Monte Castelo, os días 27, 28 e 29 de xullo, pechará a programación cultural de Burela neste mes.

AMARTE

A concellería de cultura tamén informa de que o prazo para presentar traballos ao certame de arte mural Amarte remata o domingo. Ata o momento recibíronse doce traballos. Amarte celebrarase na primeira fin de semana de agosto, coincidindo coa Feira do Bonito

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...