InicioCulturaPotente aperitivo no Resu, que espera a Ghost

Potente aperitivo no Resu, que espera a Ghost

Unhas 12.000 persoas asistiron á festa de presentación e este xoves arrinca a primeira xornada grande do festival, co único concerto dos escandinavos na península

Publicada o

- Advertisement -

O Resurrection Fest arrincou este mércores cunha festa de presentación que congregou a 12.000 persoas no recinto de Lavandeiras, en Celeiro. O aperitivo do festival ofreceu un cartel do máximo nivel, con bandas como Ministry, Powerflo ou a presenza de Jello Biafra, ex vocalista da lendaria banda americana de punk rock Dead Kennedys.

Unha das grandes novidades foi a presenza do punto lila que o Concello de Viveiro habilitou coa colaboración da organización. A primeira xornada do festival saldouse sen ningún tipo de incidencias, segundo a organización.

O XOVES, 31 BANDAS

Este xoves será a primeira das xornadas grandes do festival, coa apertura do programa ás 13.30 horas e a música de 31 bandas, entre as que destaca Ghost. O grupo sueco, que comezará o seu concerto ás 0.45 horas, ofrecerá en Celeiro a súa única actuación na Península Ibérica. O conxunto escandinavo quitou no pasado mes de xuño o seu último disco, ‘Prequelle‘.

Xusto antes, no mesmo Main Stage, tocará Stone Sour, outro dos reclamos da noite. A formación de Corey Taylor, cantante de Slipknot, comezará o seu recital ás 22.30. O veterano grupo estadounidense de trash metal Overkill ofrecerá outro dos concertos máis agardados da xornada, a partir das 19.00, antes do grupo punk Anti-Flag. Consulta os horarios aquí.

A HOSTALERÍA, “REPLETA ATA VILALBA”

O Resurrection Fest, que segundo a organización reunirá a unhas 85.000 persoas procedentes de 35 países diferentes, volveu ser un ano máis un éxito de público, o que demostra a ocupación hostaleira. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asegurou que as 2.000 prazas de hoteis e as 12.000 que ofrecen os cámpings, tanto os municipais como os que dispón o propio festival, están cubertos.

Loureiro e Campos, con Iván Méndez, da organización do Resurrection. AXM

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, afirmou que o impacto do festival alcanza mesmo á Terra Cha. “Cónstame que en Vilalba hai hoteis cheos por este evento, que é case o máis importante que se celebra na provincia de Lugo, ou polo menos na Mariña Lucense, con toda seguridade”.

Campos resaltou que a Deputación “creu no festival da man de Melchor Roel e do anterior presidente”, e resaltou que a achega do goberno provincial ao evento –130.000 euros– “non é un gasto, senón unha inversión”, porque a cita “xera emprego e pon a Viveiro e á Mariña Lucense no mapa”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...