InicioCultura'Wind of Change' de Scorpions: o asubío do heavy e a Guerra...

‘Wind of Change’ de Scorpions: o asubío do heavy e a Guerra Fría

O himno non oficial da 'Perestroika' é un dos éxitos da banda xermana, que actúa este venres no Resurrection Fest

Publicada o

- Advertisement -

É máis que probable que esta noite en Celeiro soe un dos asubíos máis recoñecibles do rock. É que abre e pecha ‘Wind of Change‘, de Scorpions. Considerada hoxe un himno da Perestroika –é unha das cancións favoritas de Mikhail Gorbachov– e da unificación alemá trala Guerra Fría, a peza foi gravada meses despois da caída do Muro de Berlín, pero o xerme da canción é anterior.

En agosto do 1989, Moscova acolleu o Moscow Music Peace Festival, no que participaron Scorpions, Ozzy Osbourne ou Mötley Crüe. Foi a primeira vez que bandas do bloque occidental actuaron na capital soviética, mesturándose con outras locais. Os grupos deron xuntos un paseo en barco polo río Moscova e alí sentiu Klaus Meine, vocalista e autor do tema, “o vento do cambio” que inspirou a canción.

Scorpions, orixinarios de Hannover, medraron na República Federal Alemá. “Moi americanizados, con Elvis Presley e a goma de mascar”, explicou Meine. “Había moita tensión entre as dúas Alemañas. Non eramos unha banda que cantaba sobre un tema calquera. Eramos parte dese tema”, asegurou.

A experiencia en Moscova resultou impactante para Meine, que levaba tempo centrado no seu papel como vocalista e sen escribir unha letra. Tamén estivo inspirado no estudo. Cando o grupo gravou a peza, o cantante asubiou a melodía de introducción para orientar ao guitarra solista, Rudolf Schenker, que se ía encargar desa parte.

Scorpions probou a tocar a canción de mil e unha formas diferentes, pero ningunha resultaba. A compañía de discos meteu presión para quitar o asubío; podía provocar burlas no mundo do rock duro, John Lennon ou Otis Redding xa utilizaran ese recurso… Pero foi en van. Ficou, e o de ‘Wind of Change’ é o asubío do heavy metal. 

PROGRAMA DO VENRES

Scorpions23.00 horas, Main Stage– é un dos grandes reclamos da xornada de hoxe. O grupo xermano mostrará en Celeiro o mellor do seu repertorio tras 53 anos de carreira. Ás 19.25, tamén no escenario principal, arrincará o concerto de Megadeth, unha das mellores bandas de trash metal do mundo. O grupo que lidera Dave Mustaine presentará novo disco e nova formación no Resurrection. Podes consultar todos os horarios da xornada do venres aquí.

O líder de Ghost, durante o concerto. RESURRECTION FEST

GHOST, UN ESPECTÁCULO

A banda sueca Ghost triunfou na xornada do xoves cun espectacular concerto que fixo as delicias dos afeccionados. A actuación converteuse nunha verdadeira cerimonia, chea de escenapirotecnia e efectos. Stone Sour, a banda de Corey Taylor, de Slipknot, tamén deixaron un gran sabor de boca entre o público, así como Overkill.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...