O escritor pontevedrés Manel Loureiro, autor da triloxía fantástica ‘Apocalipsis Zombie‘, será un dos autores presentes na cuarta edición da Feira do Libro de Burela, que se celebrará do 31 de agosto ao 2 de setembro.
Ademais de escritor de éxito -a saga foi publicada en trinta países-, Loureiro é colaborador habitual do programa de televisión Cuarto Milenio, no que conta lendas de Galicia. A súa charla está prevista para o venres, desde as 20.00 horas, para presentar a súa última novela, ‘Veinte‘.
A concellería de cultura do Concello organizará o evento. “Empezamos o ano que chegamos ao goberno municipal e a idea é seguir dando pasos, mellorándoa e sobre todo consolidándoa”, conclúe o edil desta área do goberno local, José Díaz.