Antón Niñe presentará o sábado un libro que retrata a vinculación de Foz co mar na década dos 50

Publicado pola Deputación, 'Navegando a bordo do San Lourenzo de Foz' narra a historia desta embarcación de cabotaxe

Tripulación do barco. AXM

O vindeiro sábado, 19 de outubro, presentarase no Cenima de Foz o libro ‘Navegando a bordo do San Lourenzo de Foz‘, de Antón Niñe (Barreiros, 1958).

O volume, editado polo servizo de publicacións da Deputación de Lugo, afonda na historia desta embarcación de cabotaxe, paradigma da vinculación de Foz co mar e as rutas de transporte marítimo que dinamizaron a costa cantábrica ata ben entrada a segunda metade do século pasado.

O autor tomou como referencia as anotacións, rexistros e fotografías que o seu pai Eugenio Niñe, patrón do San Lourenzo entre 1950 e 1965, atesourou e custodiou durante medio século.

Con ese material documental como punto de partida, o narrador informa sobre a construción do barco, as viaxes realizadas entre a Baiona de Iparralde e a Ría de Vigo, a tripulación, os portos, salarios e materiais transportados pero tamén recrea anécdotas e tempos de festa e lecer a bordo do barco que fixo as súas últimas viaxes a finais do ano 1965.

PROLOGADO POR BERNARDO PENABADE

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o primeiro tenente de alcalde de Foz, Francisco Xavier Fanego, acompañarán a Antón Niñe na presentación do libro, que se celebrará ás 13.00 horas. Tamén intervirá o mestre Bernardo Penabade Rei, que escribiu o prólogo do libro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here