InicioCulturaViveiro renderá homenaxe a Noriega Varela no seu 150 aniversario

Viveiro renderá homenaxe a Noriega Varela no seu 150 aniversario

O vindeiro sábado descubrirase no consistorio, onde o poeta e xornalista residiu, unha placa elaborada por Otero Regal e o domingo haberá un acto cultural no teatro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro renderá a vindeira fin de semana tributo ao poeta, mestre e xornalista Antonio Noriega Varela, nacido en Mondoñedo en 1869, hai 150 anos, e finado na localidade viveirense no 1947.

O sábado, ás 13.00 horas, o goberno local colocará unha placa conmemorativa elaborada por Otero Regal na vivenda onde residiu os últimos anos da súa vida, no edificio do consistorio. A súa única filla viva, Ana, estará tamén presente na ofrenda floral que se depositará fronte ao monólito dos xardíns que levan o seu nome.

PARTICIPARÁ A SÚA FILLA ANA

O domingo, ás 19.00 horas no teatro Pastor Díaz, haberá un acto poético, histórico e musical. Actuará o coro Tempus Fugit, dous familiares e Víctor Rolle recitarán poesía e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, explicará quen foi Noriega Varela, cal foi a súa obra e que o vinculou coa Cidade do Landro. Será “un acto non solemne, senón asequible para todos os asistentes”, que recibirán unha bolsa de tea cun poema impreso do homenaxeado no que explica o que significou o galego para el.

“MOSTRAR A SÚA OBRA DUNHA FORMA MODERNA”

Ademais, colocarase un vinilo con este mesmo poema na parede da biblioteca pública, ao igual que se fixo con Rosalía de Castro. “Queremos que as súas verbas estean na rúa e nos nosos espazos da forma máis moderna posible, que a xente nova poida coñecer á xente que levou lonxe o nome de Viveiro”, explica a súa bisneta, a concelleira de cultura, Lara Fernández-Noriega, que organiza “un acto especial” para ela.

O obxectivo é “lembrar e recoñecer aos nosos personaxes ilustres”, expuxo a alcaldesa, María Loureiro, que recordou que Noriega Varela foi tamén nomeado “membro da Real Academia Galega“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...