InicioCulturaAberto ata o día 31 o prazo para participar no Vilar Ponte...

Aberto ata o día 31 o prazo para participar no Vilar Ponte de novela, con 4.000 euros para o gañador

O escritor Jordi Sierra i Fabra ofrecerá unha charla ao alumnado de primaria e secundaria

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou este mércores a segunda edición do Premio de Novela Vilar Ponte, que naceu co dobre obxectivo de render homenaxe aos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, fundadores das Irmandades da Fala, ensaístas e xornalistas, e de fomentar a literatura en lingua galega.

O prazo para a presentación das obras, de extensión e temática libre, remata o 31 de outubro de 2019. A dotación económica do premio é de 4.000 euros para o gañador e de 1.000 euros para o finalista, ademais da placa e do diploma. O goberno local agarda que esta segunda edición sirva para consolidar este premio literario dentro do marco cultural galego.

A ENTREGA DOS PREMIOS, O 5 DE DECEMBRO

Os galardóns serán entregados nun acto que se celebrará o 5 de decembro de 2019, ás 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz. O gañador sucederá no palmarés do premio a Adolfo Caamaño, gañador en 2018 con ‘Matar o heroe’.

Cartel do encontro literario. AXM

ENCONTRO LITERARIO CO ALUMNADO VIVEIRENSE

Por outra banda, a concellería de cultura de Viveiro informou de que o escritor Jordi Sierra i Fabra, autor de máis de 500 libros e gañador de 40 premios literarios -entre eles o Nacional de literatura infantil e xuvenil de 2007– e da Medalla de Bellas Artes manterá un encontro o vindeiro día 30 de outubro co alumnado de primaria e secundaria de Viveiro, no teatro Pastor Díaz desde as 10.30 horas. A conferencia estará aberta ao público interesado. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...