InicioCulturaA burelá Antía Yáñez gaña o Agustín Fernández Paz de narrativa infantil...

A burelá Antía Yáñez gaña o Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil

O xurado destacou o "humor e ironía" da obra gañadora da terceira edición do galardón, 'Plan de rescate'

Publicada o

- Advertisement -

A escritora burelá Antía Yáñez gañou a terceira edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil coa obra ‘Plan de rescate‘.

Formaron o xurado da terceira edición do premio Rosa Aneiros, Manuel Bragado e Xavier Senín, valorou o “humor e a ironía” da obra da xove escritora de Burela, que acumula premios aos seus 28 anos.

AMBIENTADA NA ESCOLA

‘Plan de rescate’ está protagonizado por Noela, unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas que conta a historia protagonizada polos seus compañeiros de clase de apoio. Os catro protagonistas resolverán unha difícil situación nunha aventura na que, segundo o xurado, “a escola transfórmase en escenario dunha inesperada operación de rescate”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...