InicioCulturaA Compañía Nacional de Danza de Ucraína actuará o día de Nadal...

A Compañía Nacional de Danza de Ucraína actuará o día de Nadal en Burela

Un "dos mellores elencos do mundo" presentará 'Virskiy' en Vista Alegre como prato forte dun decembro cultural que inclúe un musical infantil, o 20, e un monólogo de Manquiña, o 27

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de cultura de Burela, o socialista José Díaz, anunciou que xa están á venta as entradas para asistir aos tres espectáculos programados para o mes de decembro. Entre eles destaca, o día de Nadal, a actuación da Compañía Nacional de Danza de Ucraína.

A compañía, “un dos mellores elencos do mundo”, interpretará ‘Virskiy‘, “un grande espectáculo de música e danza”. Será no pavillón de Vista Alegre, o 25 de decembro a partir das 19.00 horas. O prezo das entradas é de 15 euros na zona central e de doce nas partes laterais do recinto.

O director da escola de música burelesa, Xan Carballal, referiuse á presenza en Burela da Compañía Nacional de Danza de Ucraína: “é un revulsivo porque normalmente non estamos afeitos a ver a agrupacións desta calidade”.

Carballal engadiu que “hai que darse conta, e supoño que todo o público así o fará, que a espectacularidade que teñen estes ballets vén motivada polo virtuosismo non soamente de danza senón tamén da música, na que se mesturan as tradicións zíngara, armenia e máis asiática, cun nivel técnico ao que non estamos acostumados en Occidente. Por ese motivo aos rapaces da escola de música sempre lles aconsello que vaian”, concluíu Carballal.

O 20 de decembro, o Concello de Burela programará o musical infantilVaya Santa Claus‘. “Tamén temos dous prezos diferentes. Xa levábamos bastantes meses sen traer un espectáculo deste tipo a Burela e sempre que os trouxemos tivemos moi boa resposta de familias co auditorio practicamente cheo, entón tocaba agora. Estivemos valorando diferentes posibilidades de musical e este, que xurdiu en Andalucía e está de xira por Galicia, parecíanos interesante”, expuxo Díaz.

O día 27 será a quenda da comedia. Manuel Manquiña representará (20.00 horas, auditorio) o espectáculo ‘Relatos Negros‘, que “é unha comedia de humor negro en torno á forma de matar e ás motivacións do ser humano para asasinar, todo contado por un actor da escena galega coñecido por todos que nos faltaba por ter en Burela. As entradas son sen numerar e véndense ao prezo de dez euros”, precisa Díaz.

EN NOVEMBRO, CONTACONTOS, MAXIA E TÍTERES

Antes, durante o mes de novembro, tamén haberá varias actividades infantís e o último rastrillo popular solidario do ano, o día 15 (de 10.00 a 15.00 horas, na Praza da Mariña.

O día 6 (19.00 horas, auditorio) abrirase a exposición de pintura ‘Novos personaxes‘, de Carmen Prado, que ficará exposta ata o día 27.

O sábado 21 (18.00 horas, auditorio), o contacontos Caxoto presentará ‘Conto para escoitar mentres bailamos un valse‘. O domingo, á mesma hora e no mesmo lugar, haberá cine infantil.

O sábado 28 desenvolverase un obradoiro de cartón con Mircromina Teatro de Títeres. Comezará ás 11.30 horas. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en asistir poden anotarse na biblioteca. Tamén o sábado 28 o Mago Ríchar presentará ‘Tecnoiguais‘. Será a partir das 18.00 horas. O espectáculo versa arredor da igualdade e da violencia de xénero e inclúese na campaña Ler conta moito.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...