Tumba e Dálle presenta o seu primeiro videoclip, ‘A xota mariñá’

O grupo barreirense estreará a obra o domingo na praza de Rinlo, onde foi rodada a gravación

Cartel da presentación. AXM

O grupo de música tradicional Tumba e Dálle presentará o vindeiro domingo o seu primeiro videoclip, da peza ‘A xota mariñá‘. A presentación celebrarase desde as 21.15 horas na praza de Rinlo, localidade na que foi rodada a práctica totalidade da gravación.

O grupo, que iniciou a súa traxectoria no 2010, ten por entregar o seu primeiro traballo discográfico e busca un oco no panorama musical con este videoclip. “Estamos moi satisfeitos co resultado final e agradecemos a asociacións e entidades que nos axudaron na organización da presentación”, sinalou a banda nun comunicado.

MÚSICA EN DIRECTO E SORPRESAS

Ademais da proxección da obra, na presentación haberá conversas con protagonistas directos e indirectos do videoclip, música en directo e varias sorpresas. Anxo Rivas, de Radio Foz, conducirá o acto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here