O Díaz Jácome de poesía cumpre 20 anos cunha antoloxía dos gañadores do premio

Xián Lois Alcayde Dans, veciño de Culleredo, foi o gañador do certame, organizado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo

Autoridades e premiados do Díaz Jácome. AXM

Mondoñedo entregou este domingo o premio Díaz Jácome de poesía para novos creadores, que cumpriu vinte anos neste 2019. Con motivo dese aniversario presentouse unha fermosa antoloxía chea de talento, compilada en todos estes anos.

Xián Lois Alcayde Dans, veciño de Culleredo, foi o gañador do certame, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado polo gañador, que obtivo un premio de 1.500 euros, praca e diploma, ten por título ‘Anoar‘.

Gañadores do premio na súa vixésima edición, co xurado. AXM

ALEIXANDRE LAGO E ISOLDA COMESAÑA, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO

O segundo premio, dotado con 600 euros, praca e diploma, recaeu na obra ‘Unha luz de eclipse‘ da que é autor, Aleixandre Lago Barcala, de Santiago.

Isolda Comesaña Alcarz, acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, praca e diploma, coa obra ‘Son da estirpe de Luperca‘. Isolda Comesaña é de Vigo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here