InicioCulturaConcertos e Praza Maior, baluartes da programación das patronais de Viveiro

Concertos e Praza Maior, baluartes da programación das patronais de Viveiro

En 16 dos 17 días de celebración, do 2 ao 20 de agosto, haberá algunha actuación no anfiteatro ao aire libre

Publicada o

- Advertisement -

As festas patronais de Viveiro, que organiza o Concello, apostarán este ano polos concertos e por explotar o anfiteatro ao aire libre que se dispón cada mes de agosto na Praza Maior viveirense. Así, en 16 dos 17 días dos que consta a programación -do 2 ao 20 de agosto– haberá alomenos unha actividade “no centro neurálxico do pobo”, precisou a edil de cultura, Lara Fernández, na presentación do evento.

RECITAIS

Polo escenario da praza pasará Los Secretos (o 15), “unha banda interxeneracional que está inmersa na xira do seu 40 aniversario e que será o prato forte da celebración”, precisou Fernández. Tamén actuarán os grupos de versións The Sibaritas (10), Gin Toni’s (11), Berta Franklin (12), a prestixiosa formación de folk Radio Cos (14), La Penúltima -banda de tributo a Sabina- (14) ou Ramón Mirabet (16), gañador da Operación Triunfo de Francia.

a música de los secretos, o día 15, será o prato forte do programa

ARTISTAS LOCAIS

Os artistas locais terán o seu sitio, cos recitais do ex concursante de Got Talent Joni Ramos (o día 13), da banda municipal (día 9), que fará un espectáculo de tributos a bandas de pop e rock, do coro Tempus Fugit (17), de Sons de Celeiro (18) ou de Escolma de Meus (19). Ademais, a única orquestra que actuará nos festexos, na noite de San Roque, será Costa Dorada, con presenza viveirense nas súas filas. Bágoas da Terra, polo seu 60 aniversario, disporá actuacións, galas especiais e concertos folk do 2 ao 5.

Fernández e Loureiro, na presentación das patronais. AXM

PARA NENOS

Os nenos tamén terán protagonismo nas patronais. O goberno local atenderá unha demanda dos veciños, que “pedían que saíran máis veces os cabezudos, e vano facer desde o día 10 ata o día 15”, indicou Fernández. Ademais, haberá un concerto infantil a cargo de A Gramola Gominola, o domingo 12 ás 18.00 horas na praza. O día dos pequenos será o venres 10, cando se celebrará tamén a carreira nocturna en homenaxe a Adry Ben.

a petición popular, os cabezudos sairán do día 10 ata o 15

Tampouco faltarán citas tradicionais como o festival de corais (o día 11), fogos artificiais de San Roque ou a sardiñada das Nogueiras, o 17.

O ORZAMENTO, POR CONCRETAR

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, sinalou que esta programación leva “meses de traballo” e resaltou o afán da concellería de cultura por “escoitar todas as suxerencias e críticas construtivas” . O goberno local tentará agora involucrar ao comercio viveirense na financiación das festas patronais. “O ano pasado recaudamos uns 7.000 euros”, indicou a rexedora, que afirmou que por agora non hai unha cifra concreta de orzamento para a vindeira edición das patronais.

DANI CAXETE, AUTOR DO CARTEL E DO DÍPTICO

O fotógrafo viveirense Daniel Caxete é o autor das instantáneas do cartel e do díptico da festa. Trátanse de imaxes nocturnas, como é o caso dos fogos artificiais de San Roque. Así, o goberno de Viveiro segue a apostar por artistas locais, coma fixera o pasado ano con Primitivo Marzos. “Queremos que o cartel teña un pouso, non sexa algo de usar e tirar, senón algo que os viveirenses podamos coleccionar”, explicou Fernández. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...