O pasado venres presentouse no Castelo do Castro de Ouro de Alfoz o libro “Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro” de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, que foi editado coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz. Trátase dun amplo compendio do patrimonio de todo o Val do Ouro organizado por parroquias tanto do Concello de Alfoz coma do Concello do Valadouro.
A presentación contou coa presenza de Pilar García Porto, representante da Deputación Provincial de Lugo; Jorge Val Díaz, alcalde de Alfoz, e dos autores do libro, así como os numerosos colaboradores e colaboradoras neste gran traballo, editado en dous tomos, de investigación e recuperación cultural, histórica e artística.