InicioCulturaFoliada e exaltación do porco animarán Cervo o 12 de maio

Foliada e exaltación do porco animarán Cervo o 12 de maio

As asociacións Airiños do Xunco e Fervenza de Sargadelos colaboran para facer unha festa que mestura música e gastronomía

Publicada o

- Advertisement -

As asociacións culturais Airiños do Xunco e Fervenza de Sargadelos unen as súas forzas para organizar a cuarta edición da Foliada de Cervo e a décimo segunda Festa de Exaltación da Carne do Porco, que animarán a capital municipal cervense o sábado 12 de maio.

O programa conta cun amplo abano de actividades. Ás 12.00 horas haberá un obradoiro de pandeireta e canto. Ao rematar, Pandereteiras Sen Fronteiros poñerán ritmo á sesión vermú. Ademais, os amantes da carne de porco poderán degustar saborosas tapas nos establecementos de hostelería: O Almacén preparará callos e ‘Manitas de Ministro’; O Caseto de Copa, churrasco e raxo en salsa de cogomelos; o Bar Figueirido elaborará lingua estufada e faceira. Ás 16.00 horas, Xosé Lois Romero ofrecerá un curso de instrumentos de percusión.

suso vaamonde e xosé lois romero presentarán ’24 instrumentos tradicionais galegos’

Desde ás 20.00 horas volverán as actuacións musicais, con ata oito formacións da zona: A Rebolaxe, Airiños do Xunco, Dambara, Nova Semente, Os do 21, Troula & Stone, As Maiolas e Pandeireteiras do CEIP nº1 de Cervo. A esa mesma hora comezará a festa gastronómica de exaltación do porco.

O prato forte do día será a actuación de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, a partir das 23.00 horas. O dúo presentará o espectáculo 24 instrumentos tradicionais galegos, un percorrido apaixonante a través das ferramentas da tradición musical en Galicia. Co final do concerto arrincará a foliada, de intervención libre. Ademais, a organización repartirá queimada e sorteará dúas entradas para o recital de Xabier Díaz na casa da cultura de Burela o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

A cita conta coa colaboración do Concello de Cervo. Acudirón á presentación do evento representantes da organización e tanto o alcalde cervense, o popular Alfonso Villares, como, Dolores García Caramés, responsable no goberno local das áreas de educación, cultura, xuventude e facenda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...