InicioCulturaTá en Artes amosará cunha retrospectiva a obra de Quique Guerra

Tá en Artes amosará cunha retrospectiva a obra de Quique Guerra

A asociación presentou a súa programación para 2020, que quere reivindicar a quen realizou a súa obra "dentro das dificultades" nas que os artistas da Mariña "deben sobrevivir"

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Tá en Artes fixo pública a súa programación para o ano 2020, que dedicará ao artista nado en Mondoñedo e residente en Cervo Quique Guerra, baixo o lema ‘Ciencia e Historia‘.

Guerra, falecido no 2016, “realizou a súa labor dentro das dificultades propias da actividade plástica, nas que as e os artistas plásticos da Mariña Lucense teñen que sobrevivir”, remarca o colectivo, que ten a intención de que as actividades “sirvan de plataforma para o seu recoñecemento“.

CATRO PIARES

A programación anual de Tá en Artes ten catro eixos. O primeiro deles será unha exposición retrospectiva no Concello de Cervo.

SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS

A mostra desenvolverase “preto das datas da Semana das Artes plásticas da Mariña“, indica a agrupación. Nesta celebración, do 8 de abril ao 8 de maio no Cenima de Foz, exporanse os traballos de artistas mariñaos que dialogarán con outros convidados que eles escollan de fóra da bisbarra, cun total aproximado de 35 obras. Segundo expón Tá en Artes, a exposición estará aberta en horario laboral de mañá, os xoves de tarde, e tamén os sábados e domingos.

A mostra contará con dous monitores que ensinarán as obras dun xeito participativo e ameno. Tá en Artes espera a presenza “de máis de 1.600 escolares“, e agarda “realizar algún taller se contamos con orzamento”. Neste sentido, precisa que o Concello de Foz achega a infraestrutura necesaria, A dirección xeneral de Cultura da Xunta de Galicia custea os 500 catálogos e a Deputación os orzamentos dos monitores. Cada Concello da comarca posibilita o traslado do alumnado de cada centro.

EXPOSICIÓN DOS CENTROS ESCOLARES

En terceiro lugar, realizarase unha exposición de centros escolares. Uns 500 alumnos e 90 profesores farán un traballo, a partir das visitas anteriormente mencionadas, que quedará exposto no Cenima sobre a primeira quincena de xuño. “Tentaremos que os centros escolares poidan viaxar se conseguimos orzamento para visitar a súa propia mostra”, explica o colectivo, que engade que “os catálogos son custeados por Política lingüística da Xunta de Galicia, e a infraestrutura estará a cargo do Concello de Foz”.

MOSTRA ANTOLÓXICA NO MUSEO PROVINCIAL

Finalmente, realizarase unha exposición antolóxica no Museo Provincial. A data está por concretar, á espera dun encontro entre a delegada de Cultura da Deputación e a agrupación, pero a intención é que sexa en decembro. Tá en Artes agradece “á viúva de Quique Guerra Victoria e ás súas fillas o esforzo que supón compilar toda obra do artista“, e tamén a todos os que colaboran “para que esta proposta singular e única en Galicia poda levarse a cabo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...