InicioCulturaO musical de 'Frozen' chegará a Burela o 29 de febreiro

O musical de ‘Frozen’ chegará a Burela o 29 de febreiro

Máis de 450.000 espectadores de todo o Estado viron o espectáculo, cuxas entradas están á venta

Publicada o

- Advertisement -

El origen del hielo‘, musical tributo a Frozen, chegará ao auditorio municipal de Burela directamente desde a Gran Vía de Madrid o 29 de febreiro da man da Compañía Onbeat, segundo expuxo o Concello.

O goberno local remarca que “co seu estilo interactivo co público (450.000 espectadores viron as súas obras en España), a calidade das súas voces, a espectacularidade das súas coreografías, a súa coidada posta en escena e a súa fórmula de tributo, onde dous personaxes fan de presentadores das cancións, a diversión en familia está garantida”.

“A historia relata que o clima está afectando ao planeta e a consecuencia máis inmediata é a desaparición do xeo. Para tratar de resolver o problema, Xulia decide investigar a súa orixe e buscar a alguén que teña o poder suficiente para crealo. Na súa procura descobre a un boneco de neve que lle conta a historia que hoxe é xa lenda dunha princesa capaz de xerar neve; pero será na viaxe cara á súa orixe onde poderá atopar as claves do seu pasado e sobre todo as solucións para o futuro”, explica o concelleiro de cultura, José Díaz.

“Esa viaxe está chea de aventuras, perigos, historias de amor e sobre todo das cancións míticas que homenaxean á película de animación máis importante de todos os tempos, ás que se incorporarán os temas das segunda parte recén estreada o pasado mes de novembro de 2019″, concreta. As entradas anticipadas xa están á venda en www.woutick.es.

Díaz anima á xente de Burela e da comarca da Mariña a achegarse a ver este espectáculo: “recoméndoo pola súa calidade técnica e artística. Mantémonos fieis á filosofía de buscar espectáculos do máximo nivel”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...