InicioCulturaDescontos, presentacións, sinaturas e actividades infantís, bazas da Feira do Libro de...

Descontos, presentacións, sinaturas e actividades infantís, bazas da Feira do Libro de Viveiro

A vixésimo segunda edición da mostra celebrarase do 11 ao 15 de agosto nos xardíns de Noriega Varela

Publicada o

- Advertisement -

A Feira do Libro de Viveiro cumprirá a súa vixésimo segunda edición -a décimo quinta de xeito ininterrompido– do 11 ao 15 de agosto nos xardíns de Noriega Varela.

A inauguración da mostra será o sábado ás 19.30 horas, e os asistentes poderán desfrutar das actividades en horario de mañá e tarde: de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.00. Os fins de semana e festivos, o peche será ás 14.30.

Programa do sábado e domingo. AXM

A feira do libro viveirense contará con oito postos. Participarán as librarías Pedreira, AENEA, Cortizas, Cartabón, Porta da Vila e Nobel Burela, e tamén haberá stands da asociación Seminario de Estudos Terras de Viveiro e da Deputación de Lugo. As casetas ofrecerán un desconto do 10% nas compras.

20 ACTIVIDADES E DOCE ESTREAS

A cita ofrecerá máis de 20 actividades e ata doce presentacións de obras, ademais de seis sinaturas de libros. Beatriz Díaz López, alumna do IES Vilar Ponte, abrirá o evento co pregón infantil, unha singularidade da feira viveirense. O xornalista Ramón Pernas pronunciará o pregón oficial.

Entre as presentacións de libros, destacan aqueles referidos a Viveiro ou á comarca da Mariña Lucense. Pablo Mosquera falará de ‘Islas San Ciprianius‘; Alfonso Otero Regal, de ‘Hai Mulleres; Carlos Nuevo e Vicente Míguez estrearán ‘Conserveiras de Celeiro‘, unha nova publicación sobre a historia do municipio; ou o ensaio sobre o pintor viveirense José Picado y Pérez.

Asistiron á presentación a deputada de economía e facenda, Mayra García Bermudez, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, a concelleira de cultura, Lara Fernández-Noriega, a coordinadora xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira e a representante dos Libreiros de Viveiro, María del Carmen Lage.

Actos do luns e do martes. AXM

ZONA PARA NENOS

A rexedora destacou a feira como un evento “consolidado” e aludiu ás súas particularidades, como o pregón infantil, “no que fumos innovadores e que non se soe ver nestas iniciativas”, sinalou. Nese senso, resaltou a presenza dunha zona para nenos atendida por persoal municipal, que permitirá ás crianzas desfrutar da lectura e aos seus pais e nais dar unha volta polos postos de forma máis relaxada.

IMPULSO DO GALEGO

Pola súa banda, García Bermúdez sinalou que a Deputación “colabora con este tipo de iniciativas que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribúen ao impulso do noso idioma”. Balseiro subliñou a posibilidade que dá o evento de que “autores e lectores teñan contacto directo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...