InicioCulturaTrabada proxecta 'A Esmorga', cun coloquio posterior con Ignacio Vilar, e ofrece...

Trabada proxecta ‘A Esmorga’, cun coloquio posterior con Ignacio Vilar, e ofrece Cantos de Taberna

A música tradicional regresará á vila o vindeiro venres e o sábado continuará o ciclo de cinema impulsado polo Concello

Publicada o

- Advertisement -

O ciclo Trabada de Cine, impulsado polo Concello trabadense, continuará o vindeiro sábado coa proxección de ‘A Esmorga‘, filme galego do ano 2014 dirixido por Ignacio Vilar, que asistirá ao pase e participará nunha mesa redonda posterior á película.

‘A Esmorga’, que gañou seis premios Mestre Mateo, entre eles o de mellor actor para Antonio Durán “Morris”, no papel de Milhomes, é unha adaptación da novela homónima de Eduardo Blanco Amor, que se converteu nunha das obras narrativas máis recoñecidas da literatura galega. Completan o elenco Miguel de Lira (que interpreta a Cibrán) e Karra Elejalde, como Bocas.

A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde transcorre a noite de festa dos tres personaxes principais. A cinta proxectarase ás 21.00 horas, na casa da cultura de Trabada.

Esta será a segunda proxección do ciclo de cine, despois do pase de ‘Sicixia‘, dirixida por Ignacio Vilar, o pasado 18 de xaneiro. Unha película ambientada na Costa da Morte e recomendada para o fomento da igualdade de xénero. O propio director explicou aos asistentes a súa visión do filme, da rodaxe do mesmo e tamén da arte do cinema.

CANTOS DE TABERNA POR TERCEIRO ANO

A proxección da ‘Esmorga’ non será o único atractivo cultural de Trabada na vindeira fin de semana, pois o venres volverán os Cantos de Taberna, por terceiro ano consecutivo.

A música tradicional animará desde as 20.00 horas a noite no Mesón Camiño Norte e na A Taberna da Curuxeira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...