Así celebraban o Entroido as nosas maiores: “Éranche tempos… Pasabámolo de marabilla”

Tempo propio para gastar bromas e argallar trasnadas, para rir e facer rir, para ser un mesmo, amparado polo anonimato das máscaras. Eis as historias dunhas cantas mulleres que sacan ferruxe aos seus recordos ao redor dunhas chulas e mais un café.


 Déixanos pasar, señora? Vimos corre-lo antroido.

– O antroido non o corrades, deixádeo estar!

– O antroido éche moi larpeiro / o antroido éche moi ghandulo / por catro días de chea / sete semanas de ayuno.

Houbo un tempo en que as aldeas estaban cheíñas de xente. Os labores do traballo e mais as festas xuntaban un lote de homes e mulleres nas casas. Os almanaques rebordaban de datas sinaladas, unha delas o Entroido. Hoxe seguen sendo días especiais, pero no rural nada volveu ser coma daquela. O conto cambiou ben.

Podes ler a reportaxe completa de Uxía Iglesias nesta ligazón do Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here