A asociación cultural Avelino Díaz recollerá sinaturas ata o día 28 de abril coa fin de que a Real Academia Galega (RAG) adique o Día das Letras Galegas ao poeta do mesmo nome. Os interesados descargar o impreso na páxina de Facebook do colectivo e entregalo, sempre antes desa data límite, a través do correo electrónico poetaavelinodiaz@gmail.com.
Nacido en Santa Comba da Órrea no 1897, Díaz pasou boa parte da súa nenez en Meira, antes de emigrar a Bos Aires, onde exerceu o xornalismo. Alí desenvolveu unha intensa actividade cultural na Federación de Sociedades Galegas. Publicou catro volumes de poesía e, segundo o colectivo que pretende reivindicar a súa figura, deixou 851 poemas que fican inéditos. ‘Debezos’, obra de 1947, está considerado o primeiro poemario en galego da posguerra.
o vate, que viviu a maior parte da súa vida en bos aires, deixou 851 poemas inéditos
Xosé Neira Vilas definía a Díaz como “o máis hábil versificador galego” e quixo presentar a súa candidatura para o Día das Letras no 2015. O vate riotortense e meirego morreu na capital arxentina en 1971, aos 73 anos de idade.
RIOTORTENSES E MEIREGOS, XUNTOS
Diversas agrupacións de Riotorto e Meira apoian o esforzo da asociación cultural Avelino Díaz. Logo de recibir a negativa da RAG a incluír a Díaz nunha listaxe de candidatos, o colectivo decidiu emprender esta campaña de captación de sinaturas. En función do apoio recibido, trazará a estratexia a elixir para tentar conseguir o seu obxectivo.
[…] poeta do mesmo nome sexa incluído como candidato ao Día das Letras Galegas 2019. A agrupación recolleu sinaturas ao longo dos últimos meses e acadou un total de 2.421 firmas para apoiar a candidatura do vate, nado na Órrea (Riotorto) […]