InicioCulturaO Valadouro convida a desfrutar da literatura con espontaneidade

O Valadouro convida a desfrutar da literatura con espontaneidade

A Ponte Literaria, aberta a quen queira ler en público, celebrarase o 24 de agosto na Laxe

Publicada o

- Advertisement -

O 24 de agosto celebrarase unha nova edición da Ponte Literaria, un encontro que convida a desfrutar da literatura de xeito espontáneo. Será no local social da parroquia da Laxe, desde as 18.30 horas. Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón e Lionel Rexes impulsan a cita, que conta coa colaboración da Comunidade de Montes da Laxe e da concellería de cultura.

O evento constará de varias lecturas, nas que pode participar quen o desexe, anotándose no número de teléfono 600.378.363. Ademais dos organizadores, está previsto que interveñan Iolanda Aldrei, Adela Figueroa ou Manuel Regal, entre outros.

leranse textos de rita geada, autora cubana natural do municipio, ou baseados no guerrilleiro ‘o gardarríos’

Ademais, narraranse textos de Rita Geada, autora cubana con raíces no Valadouro, e Isaac Ferreira lerá unha peza dramática inspirada na morte de Luís Trigo Chao, ‘O Gardarríos‘, con motivo do 70 aniversario do pasamento do guerrilleiro antifranquista. Lionel Rexes, autor de ‘A raíña das velutinas‘, escollerá fragmentos que fan referencia a persoeiros e lugares do municipio. Tralas lecturas, de 15 minutos como máximo, haberá un debate.

DOAZÓN DE LIBROS

A Ponte Literaria garda outro atractivo para os asistentes, que poderán desfacerse de todos aqueles libros que xa non desexan conservar. Así, con esta doazón espontánea, outros participantes no encontro poderán ler volumes novos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...