InicioCulturaMondoñedo celebra ao Cunqueiro xornalista

Mondoñedo celebra ao Cunqueiro xornalista

Miguel Somovilla presentou no consistorio mindoniense 'Al pasar de los años', unha antoloxía que abrangue 51 anos de columnismo do autor de 'Merlín e familia'

Publicada o

- Advertisement -

O consistorio de Mondoñedo acolleu este sábado o acto de presentación do libro ‘Al pasar de los años‘, de Miguel Somovilla, unha recopilación de artigos de Álvaro Cunqueiro editada pola Fundación Castro.

O autor da publicación, xornalista que tivo altas responsabilidades en TVE e que foi xefe de prensa da Real Academia Española (RAE), recolle na súa obra máis de douscentos artigos publicados por Cunqueiro en distintos xornais.

O autor da publicación relatou varias anécdotas relacionadas co proceso de creación da súa obra e destacou a relevancia intelectual de Cunqueiro. En ‘Al pasar de los años’, que se pode adquirir nesta ligazón, abrangue 51 anos (1930-1981) de xornalismo do escritor mindoniense, con pezas que falan do mar de Foz, a costeira do bonito, Sargadelos ou por suposto Mondoñedo, entre temas habituais do literato, como a gastronomía ou o curandeirismo.

Na presentación do libro participaron, entre outros, César Morán, catedrático e gran estudoso do escritor mindoniense, así como o fillo do autor homenaxeado, César Cunqueiro. Acompañaron tamén o evento o Esemble da Escola Municipal de Música de Mondoñedo ” O Pallarego” e o alumnado do colexio público nomeado como o autor, que recitaron poemas.

Participación da Escola de Música no acto. AXM

MÁIS DE 4.000 VISITAS Á CASA-MUSEO DO AUTOR

O peche do acto correu a cargo do concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García. Deu parabéns ao autor, tanto no seu nome como no do alcalde, Manuel Otero, e no de Elena Candia. García agradeceu ao antólogo de ‘Al pasar de los años’ que escollera Mondoñedo para facer a presentación desta obra. O mesmo concelleiro agradeceu a Armando Requeixo o traballo que efectúa como coordinador de publicacións da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro (CMAC), da que destacou que recibiu desde a súa inauguración máis de 4.000 visitas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...