InicioCulturaO Primo de Banksy reaparece no porto de Foz cun grafiti sobre...

O Primo de Banksy reaparece no porto de Foz cun grafiti sobre as migracións

O artista lucense, que actúa de xeito clandestino, amosou en Instagram a súa nova obra, que retrata un bote con migrantes no que rema Caronte, o barqueiro do Hades na cultura grega

Publicada o

- Advertisement -

O grafiteiro coñecido como Primo de Banksy levou a súa controvertida arte ao porto de Foz. Así o anunciou o artista lucense en redes sociais.

Este activista social, do que se descoñece o nome, aproveita a noite para realizar clandestinamente os seus grafitis, nos que amosa unha visión crítica da sociedade. Móvese principalmente por Lugo, a tenor de onde está a maioría da súa produción, pero tamén actuou en lugares como Ferrol, A Coruña ou Chueca, onde fixo un tributo a Federico García Lorca.

Outra imaxe do grafiti no porto. INSTAGRAM/PRIMO DE BANSKY

Desta volta, tal e como amosou en Instagram, pintou unha imaxe de migrantes -baseada nunha foto de Gabriel Tizón– subidos a unha gamela na que rema Caronte, o barqueiro de Hades na cultura grega, que se encargaba de guiar as sombras errantes dos mortos recentes dun lado ao outro do río Aqueronte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...